A cervexa coa que Dama Alaricana sae ao mercado, chámase Queimada, nome escollido en sustitución do máis común e coñecido: “Tostada” ou “Torrada”.

Namóranos a súa cor, que nos lembra ao ámbar, pedra preciosa de resina vexetal fosilizada, pois é laranxa amarelada coma ela. Esta cervexa artesá de estilo Pale Ale elabórase a partir de catro clases distintas de malta de cebada (Pale Ale, Caramel Lixeiro, Melanoidine e Aromatic malt), dous lúpulos (Citra e Amarelo), auga pura da Portela de Airavella e fermento para cervexas ales de alta fermentación.
O grao alcohólico de Dama Allaricana Queimada é de 5,4 % vol.

queimada-team

QUEIMADA

Nota de Cata

De cor ambar con fulgores avermellados, escuma densa e branca de aspecto cremoso e burbulla fina. Carbónico tenue.
Aroma intenso claramente maltoso a cereal, con notas de galleta acaramelada e coñac.
De sabor doce e lixeiramente áspero ao padal con amargor seco e sutil.
Retrogusto cítrico e curto, deixando a boca limpa.
Chamando a outro trago.

Daniel Fermun
Técnico Cervecero

meleira-team

MELEIRA

castaneira-team

CASTAÑEIRA

dama-extraperla-white

EXTRAPERLA