Conforme ao establecido na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, e para o seu cumprimento indicamos os datos de información xeral do presente sitio web:

Nome: Dama Alaricana s.l.
N.I.F.: B32419418
Denominación social: Dama Alaricana
Domicilio da actividade: Lugar a PortelaAira Vella n.º 10 Bloque AAllariz (Ourense)
Dirección de correo electrónico: [email protected]
Teléfono: 629 492 611

Queda prohibida a venda de bebidas alcohólicas aos menores de 18 anos. Se efectúas a compra dalgún produto alcohólico desta web estás a aceptar automaticamente as condicións de compra e que es maior de 18 anos.

Condicións de compra

Co envío dun pedido O CLIENTE ACEPTA AS SEGUINTES CONDICIÓNS DE VENDA.

Prezos: Os prezos que aparecen en cada produto teñen aplicado en todo momento o I.V.A. Os portes estarán debidamente reflectidos no proceso de realización do pedido así como no documento deste. Os prezos sempre serán os que apareceran no produto no momento da realización do pedido, independentemente da súa posterior modificación por promocións ou ofertas aplicadas. O custo dos envios é para España peninsular e referénciase a continuación:

1 Caixa: 8 €
2 Caixas: 11 €
3 Caixas: 15 €
4 Caixas: 15 €
5 Caixas: 20 €

Forma de pago: Aceptásense tarxetas de crédito e de debitar así como o pagamento vía PayPal e mediante transferencia bancaria.

Embalaxe e envío: A embalaxe correrá a cargo da empresa. No suposto que o cliente desexe que se lle faga unha embalaxe especial será este o que corra cos gastos xerados de máis.

O pedido mínimo para o seu envio siempres é dunha caixa da mesma cervexa ( 12 unidades), o prezo na web está especificado por caixa.

O prazo de envío oscilará entre as 48 e as 96 horas (sen contar fins de semana) dependendo da existencia do produto en stock e da dispoñibilidade da empresa encargada en realizar o porte. Se houbese algún problema de stock con algún dos produtos solicitados, informarase o cliente da posibilidade de cambio deste por outro do mesmo importe e de características similares. No caso en que o cliente non quixese facer o devandito cambio o envío realizarase en canto volva estar dispoñible o produto do total de produtos demandados.

Devolucións: Non se aceptarán devolucións cando transcorran máis de 5 días dende a recepción do pedido por parte do cliente. As causas de devolución serán as seguintes:

O produto ten defectos de fábrica. O devandito produto será verificado.
O produto enviado non corresponde co solicitado polo cliente.

Os custos devolución así como posibles custos adicionais, correrán a cargo do cliente, sendo este responsable do correcto envío e recepción do produto por parte de Dama Alaricana. A devolución do importe realizarase polo mesmo medio polo cal se fixo o pagamento do produto a devolver.

Dama Alaricana non se fai responsable do uso ilícito ou incorrecto da información do contido web así como do acceso ao seu contido. Esta responsabilidade recaerá só e exclusivamente no usuario, resérvase o dereito a modificar total ou parcialmente calquera artigo que figura nesta tarifa, sen previo aviso.