O proceso para elaborar a nosa cervexa artesá consta de tres etapas:

Cocción / Fermentación / Maduración

Os ingredientes básicos que utilizamos para a elaboración da cervexa artesá Dama Alaricana son catro:

Malta de cebada / Lúpulo / Auga / Fermento

COCCIÓN

Nun primeiro lugar moemos o gran cun muíño de dous rodetes. A malta moída introdúcese nunha caldeira con auga quente para empezar co proceso de maceración por infusión. O obxectivo é disolver o almidón contido na malta e convertelo na maior cantidade de azucres fermentables. Unha vez acabado este proceso, extráese o bagazo da malta e engádese o lúpulo coa finalidade de que lle dea amargor, sabor e aroma, ao mesmo tempo que actuará como conservante natural.

FERMENTACIÓN

Durante este proceso transvásase o mosto resultante da caldeira de cocción aos depósitos da sala de fermentación, momento no cal engádeselle o fermento co fin de converter o azucre do mosto en alcol e CO2. Esta fase da elaboración da cervexa dura ao redor dunha semana.

MADURACIÓN

Despois de que a primeira fermentación finalice, a cervexa dos depósitos embotéllse e durante un mes deixarase repousar en posición vertical na sala de maduración. O proceso de fermentación seguirá indefinidamente na botella, no fondo da cal poderemos observar os pousos típicos de fermento.

espigas-dama
cebada-dama
lupulo-dama
elaboracion